O premio enmárcase dentro da categoría de "mellora da contorna empresarial", segundo anunciou este mércores a Comisión Europea.
"Emprende en 3" é unha plataforma tecnolóxica que axiliza os trámites de creación de empresas e outras comunicacións relacionadas cos emprendedores e as Administracións Públicas permitindo o inicio ou modificación dunha actividade empresarial ou cambio de titularidade, mediante a presentación dunha Declaración Responsable directamente aos municipios adheridos á plataforma, a través dun formulario electrónico.
Supón unha mellora nos procedementos de creación de empresas, ao unir as plataformas existentes a través dun punto único de acceso e conectar todos os concellos españois. O seu obxectivo é reducir a tres días o prazo de creación de empresas.
Os gañadores para cada unha do seis categorías anunciaranse nun acto que se celebrará en Nápoles (Italia) o próximo 2 de outubro.