accesskey_mod_content

O proxecto español "Emprende en 3", entre os finalistas dos Premios Europeos á Promoción Empresarial

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

24 xullo 2014

logo emprende en 3

O proxecto de simplificación administrativa para a creación de empresas 'Emprende en 3' -posto en marcha polo ministerio de Facenda e Administracións Públicas- foi escollido entre os 22 finalistas dos Premios Europeos á Promoción Empresarial.

O premio enmárcase dentro da categoría de "mellora da contorna empresarial", segundo anunciou este mércores a Comisión Europea.

"Emprende en 3"   é unha plataforma tecnolóxica que axiliza os trámites de creación de empresas e outras comunicacións relacionadas cos emprendedores e as Administracións Públicas permitindo o inicio ou modificación dunha actividade empresarial ou cambio de titularidade, mediante a presentación dunha Declaración Responsable directamente aos municipios adheridos á plataforma, a través dun formulario electrónico.

Supón unha mellora nos procedementos de creación de empresas, ao unir as plataformas existentes a través dun punto único de acceso e conectar todos os concellos españois. O seu obxectivo é reducir a tres días o prazo de creación de empresas.

Os gañadores para cada unha do seis categorías anunciaranse nun acto que se celebrará en Nápoles (Italia) o próximo 2 de outubro.

  • Cidadán
  • Empresa
  • Servizos electrónicos