accesskey_mod_content

Creado o Arquivo Dixital Único de Galicia

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

22 decembro 2014

O Arquivo Dixital Único de Galicia albergará os fondos do patrimonio documental galego e favorecerá unha mellor interconexión administrativa no campo da Eurorrexión.

 A creación deste arquivo é unha das liñas de traballo do Proxecto de Cooperación Transfronteiriza Arpad, dotado con 4,7 millóns de euros, e que ten como obxectivo a conservación e difusión do patrimonio documental conxunto, e a habilitación de servizos dixitais no marco das relacións administrativas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Trátase dunha iniciativa liderada pola Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica (Amtega) en colaboración coa Vicepresidencia da Xunta, e as consellerías de Facenda e Cultura, xunto á Comunidade Intermunicipal do Minho-Lima, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Tui.

Sobre este Arquivo Dixital Único organizaranse unha serie de rexistros interconectados que permitirán que cidadáns de ambos os lados da fronteira poidan entregar documentación en calquera rexistro, independentemente da administración de destino.

O obxectivo, é habilitar servizos públicos en liña, como a factura electrónica ou a plataforma electrónica tributaria para as empresas que teñan actividade comercial transfronteiriza, logrando así axilizar os intercambios comerciais da Eurorrexión.

Por outra banda, no tocante ao Arquivo Electrónico do Patrimono Documental de Galicia, comezará coa dixitalización de 50.000 documentos dos Arquivos do Reino de Galicia, do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e do Municipal do Concello de Tui.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

  • Cooperación interadministrativa