A Comisión Europea ha lanzado recentemente o “SME Internationalisation Portal” para axudar ás pemes establecidas dentro da Unión Europea a expandir o seu negocio fóra da Unión.
O portal ofrece axuda práctica para empresas europeas que queiran facer negocios con terceiros países, e supón un portelo único onde poder acceder a servizos públicos de apoio ás pemes.
Un dos servizos que ofrece o portal é unha base de datos de provedores de servizos de axudas públicas para mercados locais e internacionais. A base de datos é de acceso libre e gratuíto e inclúe máis de 300 provedores e uns 1.200 servizos de axuda.
Nun mundo globalizado, as pemes da Unión Europea teñen que ser capaces de soportar a crecente competencia das economías desenvolvidas e emerxentes e capitalizar as oportunidades de mercado que estes países proporcionan.
O portal ofrece un portelo único para empresas europeas que buscan servizos públicos de apoio para axudarlles a saír ao exterior.