A Dirección Xeral de Modernización Administrativa, Procedementos e Impulso da Administración Electrónica é a responsable do desenvolvemento de infraestruturas e de servizos comúns tanto para Administracións Públicas como cidadáns. Por tanto, a análise deste conxunto amplo de indicadores é unha ferramenta importante para avaliar o desenvolvemento da Administración Electrónica en España.
Os indicadores preséntanse agrupados en áreas e ordenados por sistemas orixe da información ou por perspectiva. Pódese analizar a súa evolución anual ou mensual e ver os datos tanto en formato gráfico como en formato táboa. Cada indicador conta ademais cunha pequena descrición do mesmo e unha ligazón a outras páxinas onde ampliar a información.
Os indicadores son actualizados mensualmente aínda que cada un deles ten un período de consolidación variable de 3 a 6 meses
Acceso á sección Indicadores
Acceso á consulta de indicadores