Co título "Calidade dos servizos públicos en tempos de austeridade" a Axencia de avaliación e calidade (AEVAL) acaba de publicar o Informe sobre a percepción da Calidade dos Servizos Públicos en España correspondente aos datos recolleitos durante 2013.
Neste documento abórdase a análise da percepción dos españois con respecto a distintas políticas e servizos públicos e a súa evolución nos últimos anos. En concreto, neste ano de austeridade, estúdase a importancia que os cidadáns conceden aos servizos públicos e o grao de satisfacción cun abanico amplo de políticas e servizos sectoriais.
Como outros anos tamén se analizan en detalle as opinións e hábitos dos cidadáns en relación cos servizos públicos de carácter administrativo e coa administración electrónica. Por último, co obxectivo de propor melloras, detállanse, as actitudes da cidadanía cara ao importante programa de queixas e suxestións.
Descarga do Informe "Calidade dos Servizos Públicos en tempos de austeridade (2014)"
Consulta de todos os Informes sobre a percepción cidadá dos Servizos Públicos