O Portal de Administración Electrónica ten por obxectivo o impulso da administración electrónica en España e por suposto, nesta liña de actuación, está a difusión do estado da Administración Electrónica e as iniciativas postas en marcha que permiten o seu progreso ou avance tanto no ámbito local, rexional, nacional e por suposto tamén internacional.
Ademais da canle web de información, o PAe conta con medios adicionais para facilitar a súa difusión:
- A conta de twitter twitter @obsae permite o seguimento da actividade do portal. Ademais inclúense múltiples referencias a fontes externas (artigos, informes, documentos, organizacións, portais, ferramentas) que complementan a visión da administración electrónica ou poden ser de utilidade para o seu desenvolvemento.
- A newsletter do PAe permiten recibir semanalmente, no correo electrónico indicado, as noticias dadas de alta no PAe na última semana e os próximos eventos dispoñibles.
En ambos os casos, os seus máis de 4000 seguidores e subscriptores, avalan o interese existente en impulsar e mellorar a Administración Electrónica.