Durante o “Mes do Mercado Único” terá lugar un amplo debate público en liña aberto a todos os cidadáns europeos, cuxo obxectivo será o de suscitar un gran debate sobre o funcionamento do mercado único e o seu impacto na vida cotiá das persoas e empresas.
O evento desenvolverase en liña, de forma que expertos, funcionarios e comisarios europeos, así como deputados do Parlamento Europeo e dirixentes nacionais poidan dialogar directamente cos participantes.
Cada unha das 4 semanas que conforman o “Mes do Mercado Único” dedicarase a un tema, e as conclusións e ideas procedentes dos debates en liña sustentarán un debate de clausura que será televisado por Euronews o 23 de outubro de 2013.
Este ano elixíronse 4 temas que afectan directamente o cidadán: emprego, dereitos sociais, bancos e comercio electrónico.
Emprego: traballar e crear unha empresa en Europa
- O Mercado Único brinda aos cidadáns da UE a liberdade de vivir e traballar nos demais países da UE. Este debate pode incluír calquera aspecto, desde a creación dunha empresa ata a procura de emprego, por exemplo.
Semana 1: 23 a 27 setembro
Dereitos sociais: os teus dereitos de protección social no Mercado Único
- A posibilidade de vivir e traballar noutros países da UE significa ter acceso en igualdade de condicións aos dereitos de protección social deses países. Este debate pode incluír todo tipo de cuestións tales como pensións, prestacións de desemprego ou uso de servizos públicos como a atención sanitaria, entre outras.
Semana 2: 30 setembro a 4 outubro
Bancos: Europa, os bancos e os cidadáns
- O Mercado Único proporciona aos cidadáns da UE un acceso sen igual aos bancos e servizos financeiros. Este debate pode incluír asuntos como hipotecas, acceso a contas bancarias ou a unión bancaria, por citar algúns.
Semana 3: 7 ao 11 de outubro
Comercio electrónico: Comprar, vender e comunicarse en liña
- Comprar, vender e comunicarse en liña transformou a vida cotiá de consumidores e empresas. Este debate pode incluír cuestións como a compra e a venda en liña, o IVE nas compras en liña, problemas de envío, privacidade nas redes sociais e moitas máis.
Semana 4: 14 a 18 outubro
Para poder participar nos debates a Comisión anima a visitar o portal Yourideasforeurope.eu onde poderán atopar máis información.
0 Comentarios
Non hai comentarios