O concello de Bueu ofrecerá antes de acabar o ano unha nova canle de comunicación aos seus veciños: o servizo de administración electrónica. O goberno local está a dar os primeiros pasos para a súa implantación e facilitar así que calquera persoa poida realizar os seus trámites co Concello a través dun computador. A posta en funcionamento será gradual e prevese que o novo sistema estea plenamente operativo entre 2014 e 2015.
0 Comentarios
Non hai comentarios