Os Códigos electrónicos do BOE consisten en compilacións das principais normas vixentes do ordenamento xurídico, permanentemente actualizadas, presentadas por ramas do Dereito.
Cada Código electrónico ofrécese para a súa descarga gratuíta nos formatos electrónicos PDF e ePUB, para facilitar o seu almacenamento e lectura en dispositivos electrónicos diversos. Todos os Códigos electrónicos pódense comprar tamén en soporte papel na Tenda do BOE .
Os Códigos electrónicos compleméntanse cun sistema de alertas de actualización integrado nos servizos de BOE á carta, cuxa subscrición se pode realizar no momento da súa descarga.
O novo Código de Administración Electrónica permite a consulta agregada de diferente lexislación básica no ámbito da administración electrónica.