A Comisión Europea ha aberto o prazo de recepción de candidaturas dos premios e-Inclusion 2012. Estes premios buscan descubrir e celebrar as formas máis innovadoras de pechar a fenda dixital e axudar á xente a gozar dos beneficios de Internet. Segundo os resultados dunha enquisa publicados pola Comisión, case unha cuarta parte dos europeos maiores de 16 anos nunca utilizaron Internet. En 2010, a Comisión celebrou unha conferencia dedicada á inclusión dixital.
A Comisión Europea anuncia os premios e-Inclusion 2012
"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".
13 marzo 2012
Xa se poden presentar candidaturas aos Premios e-Inclusion 2012. Este ano os premios están destinados a persoas, así como a organizacións, empresas e sectores da sociedade civil, que traballan a nivel local, premiando aos que defenden o camiño a seguir e explotando o potencial da tecnoloxía para facer fronte aos retos actuais.
- Cidadán
0 Comentarios
Non hai comentarios