Informe do Parlamento Europeo sobre un mercado único dixital competitivo - a administración electrónica como factor punteiro.
O Informe fai diversas consideracións relativas á implantanción e uso da administración electrónica:
- Recoñece a importante contribución do sector do TIC á política industrial, a innovación, o crecemento, a competitividade e a balanza comercial da UE.
- Sinala que os usuarios son a clave da estratexia dixital e que na UE existe unha necesidade imperiosa de reforzar a concienciación, o papel, a participación, as perspectivas e a confianza dos usuarios respecto da seguridade activa e pasiva e a privacidade dos usuarios na sociedade da información, e desenvolver capital humano relacionado co TIC.
- Reafirma que a administración electrónica empodera aos cidadáns europeos e axuda a reformar e modernizar a administración pública, facéndoas máis transparente e responsable e reducindo o custo dos servizos públicos.
Así mesmo, o Informe do Parlamento Europeo acolle favorablemente a aprobación do Plan de acción europeo sobre administración electrónica 2011-2015, a Estratexia Europea de Interoperabilidade (EIS) e o Marco Europeo de Interoperabilidade (EIF) para os servizos públicos europeos; pide aos Estados membros que procedan con rapidez na aliñación das súas estratexias nacionais para estas políticas xerais.
Apoia os obxectivos xerais de aumentar o uso dos servizos de administración electrónica entre os cidadáns ata o 50 % (desde o 41 %) e entre as empresas ata o 80 % (desde o 75 %) en 2015, pero pide á Comisión e aos Estados membros que consideren estes obxectivos como limiares mínimos.
0 Comentarios
Non hai comentarios