accesskey_mod_content

A Garda Civil activa as certificacións por correo electrónico para as notificacións dos cidadáns.

  • Opinar
  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

19 decembro 2012

SEPRONA, Tráfico Atención ao cidadán e Delitos Telemáticos acreditarán as comunicacións dos cidadáns a través de correo electrónico.

Tras enviar un mail, o interesado recibe en minutos un certificado da operadora Lleida.net con todos os contidos que notificou aos distintos servizos da Garda Civil, o cal ten validez xurídica para efectos de acreditar a recepción

Este novo sistema é un paso adiante na campaña “Ao teu lado”, que permite realizar denuncias a través dunha aplicación do teléfono móbil


A Garda Civil, en colaboración coa operadora certificadora “Lleida.net”, puxo en marcha un novo sistema pioneiro a nivel mundial que permitirá a todos os cidadáns notificar calquera información a través dun correo electrónico certificado, desde calquera conta de e-mail e coa posibilidade de remitir arquivos adxuntos. Coas notificacións certificadas, a Garda Civil reforza todos os seus servizos ao cidadán. Este sistema será aplicado a diferentes áreas de actuación do Corpo, como delitos cometidos na Rede, tráfico, medio ambiente, suxestións e calquera outro servizo ou trámite da súa competencia.

Máis información(Abre en nova xanela)

  • Cidadán
  • Servizos electrónicos