Coa publicación no BOE do 31 de outubro da Norma técnica de interoperabilidade de Catálogo de estándares complétanse as 11 normas técnicas de interoperabilidade previstas inicialmente no Esquema Nacional de Interoperabilidade , grazas ao esforzo realizado coa cooperación de todas as AA.PP. baixo o liderado do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Estas normas acompáñanse de guías de aplicación e doutro material complementario, todo iso dispoñible no Portal da Administración Electrónica.
As normas técnicas de interoperabilidade apoian ou descansan para a súa materialización práctica en infraestruturas e servizos comúns. Existe unha colección de infraestruturas e servizos comúns, con soporte legal, que simplifican a complexidade das diversas dimensións da interoperabilidade e propagan a interoperabilidade entre as AA.PP. e cos cidadáns. Estas infraestruturas e servizos comúns recóllense no Portfolio de solucións compartidas e pódese atopar máis información no Portal da Administración Electrónica e no Centro de Transferencia de Tecnoloxía (CTT).
Mais información na nota técnica do OBSAE “ As normas técnicas e os servizos comúns favorecen a interoperabilidade das AA.PP .”
0 Comentarios
Non hai comentarios