O Índice de Ciberseguridade Global 2024 (en inglés Global Cybersecurity Index - GCI) é unha iniciativa da Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT). Trátase dun índice composto para medir o compromiso dos Estados Membros da UIT, 194, a partir de datos recolleitos en 2023 -2024, con cinco alicerces a ciberseguridade: Marco legal, Medidas técnicas, Medidas organizativas, Desenvolvemento de capacidades e Medidas de cooperación.
O informe sitúa aos países en cinco niveles (Tier 1 -T1- a T5). España figura no nivel 1 (T1), tanto no ámbito global como no da Unión Europea.