No marco da Semana Europea das Rexións e Cidades , terá lugar o evento "Explorar o desenvolvemento rexional a través da investigación e os datos abertos da UE", onde se profundará sobre o papel da información e os datos da UE nas políticas rexionais e de cohesión; ademais de dar a coñecer CORDIS, o programa que proporciona información sobre os resultados da investigación financiada pola UE e data.europa.eu, o portal oficial de datos europeos.
Tamén se desvelarán como os resultados de proxectos innovadores da UE e o uso específico de datos sustentan a toma de decisións sobre cidades intelixentes ou adaptación ao cambio climático.