A Comisión Europea (DIGIT) organiza a súa primeira NIFO "Coffee Talk". Un evento que ten por obxectivo pór de relevo os últimos desenvolvementos e as boas prácticas relacionadas coa interoperabilidade e a transformación dixital da administración e os servizos públicos, como unha das principais misións do Observatorio do Marco Nacional de Interoperabilidade.
O tema desta primeira edición será a creación de catálogos nacionais de servizos e solucións, como un da compoñentes clave do Marco Europeo de Interoperabilidade (EIF) para a prestación de servizos dixitais integrados.
Os primeiros participantes no I Edición de NIFO Coffee Talk son:
- Sr. Frank Leyman, Xefe de Relacións Internacionais da Oficina Belga de Transformación Dixital (BOSA)
- Dña. Ana Rosa Guzmán Carbonell, Subdirección Xeral de Planificación e Gobernación da Administración Dixital do Ministerio de Economía e Transformación Dixital de España.