Cúmprese agora un ano da entrada en vigor e por tanto da obrigatoriedade de posta en marcha da Lei de Contratos do Sector Público que cambia de forma substancial a forma de contratar das Administracións Públicas. Estes cambios están a supor unha forte retardación da contratación xa que é necesario para cada institución o definir os cambios a realizar, a forma de contratar, os mecanismos, as plataformas e as propias especialidades da nova norma. É necesario por iso que os responsables de contratación de cada institución amplíen os seus coñecementos e a súa formación e información sobre a Contratación Pública, agora Electrónica.
Ofreceranse tres mesas redondas sobre: profesionalización e tecnoloxía; ideas para a implantación en administracións locais e, sobre a Innovación en contratación. Cinco relatorios sobre: doutrina legal, interoperabilidade, seguridade, firma electrónica e o exemplo do sector sanitario. Catro sesións sobre: procedementos (simplificado, super simplificado, e automatización de expedientes); experiencias en deputacións provinciais e hospitais; soportes á contratación (notificacións, rexistros de licitadores, perfil do contratante); e procedementos específicos como: o desenvolvemento electrónico de Sistemas Dinámicos de Adquisición, a Poxa Pública Electrónica e os Catálogos Electrónicos, coa especial presentación da Central de Contratación da FEMP.