O Foro de Gobernación de Internet en España, realiza unha función de dinamización do debate, concienciación da sociedade e reunión de todos os axentes involucrados en cada un dos temas abordados, todos eles de plena actualidade.
Nesta edición inclúense entre outros: Internet das Cousas (IoT) , Internet Móbil, Fintech e Blockchain, Intelixencia artificial e Big Data, Lexislacións aplicables a Internet nun mundo global, Internet e os medios de comunicación, a Tecnoloxía aplicada na contorna escolar e a Ciberseguridade e encriptación: negocio, privacidade e delito, concluíndo cun Open Forum.