O mesmo estudo revela que o 61,3% dos españois sostén que fala de forma habitual sobre asuntos relacionados cos servizos públicos que prestan as administracións do Estado, comunidades autónomas e concellos. En canto ao seu funcionamento, o 45,3% dos enquisados opina que funcionan de maneira “moi ou bastante satisfactoria”; pola contra, o 9,1% asegura que non sente “nada satisfeito”.
Servizos públicos mellor valorados
Entre os servizos públicos mellor valorados polos españois atópanse os relacionados coa seguridade cidadá (protección civil, policía, bombeiros) que son considerados como “moi ou bastante satisfactorios” para o 72,5% dos enquisados. Os transportes públicos, cun 58,6% e a asistencia en hospitais públicos cun 53,7% son outros servizos que os españois valoran de forma positiva.
Melloras na xestión
Cando se pregunta aos enquisados que aspectos melloraron ou empeoraron nas administracións do Estado, comunidades autónomas e concellos, o 67,8% asegura que mellorou o acceso a internet. mentres que o 63% di que empeorou o tempo en resolver as xestións.
Experiencias persoais coa Administración
O estudo tamén pregunta cal é o grao de satisfacción cando se contactou persoalmente, través de teléfono ou correo para facer xestións administrativas. O 90,7% cualifica como bastante ou moi satisfactoria a súa experiencia cos servizos de centros culturais, de maiores e bibliotecas; o 88,4% coa oficina de expide o DNI e pasaportes e 81,6% con Correos.
Certificado, DNI electrónico e Sistema Cl@ve
O 53,4% dos españois di ter certificado electrónico e un 48% utilizalo durante o último ano, sendo fácil ou moi fácil o seu manexo para o 84,3 dos seus usuarios. En canto ao Sistema cl@ve, o 51% dos enquisados asegura telo e que utilizalo resultoulle fácil ou moi fácil ao 85,3%. Por último, o 46,5% dos enquisado asegura ter o DNI electrónico, aínda que o 15% non o activou.
Ventajas e inconvenientes
Como conclusión, para os españois a Administración Electrónica ten máis vantaxes que inconvenientes (62,9%) e está de acordo ou moi de acordo en que mellora o acceso á información e o coñecemento dos servizos públicos (73,2%). Con todo, o 86,1% considera que exclúe ás persoas con menos coñecementos e habilidades informáticas.
Os datos desta enquisa realizada entre o 14 de novembro e o 1 de decembro, cunha mostra de 10.306 entrevistas, pronto será aloxada na web do CIS , no apartado de " Estudios " e por agora pódese consultar o avance .