O Consello de Goberno de Aragón deu o visto e prace ao Plan de Administración Electrónica de Aragón 2018-2020 , realizado polo departamento de Innovación, Investigación e Universidade a través da dirección xeral de Administración Electrónica e Sociedade da Información. O novo documento ten un cambio no enfoque ao colocar ás persoas como o centro da actividade. O texto adáptase ás novas normativas e á evolución tecnolóxica dos últimos anos coa chegada de dispositivos móbiles, Big Data e intelixencia artificial.
O obxectivo do Plan de Administración Electrónica é mellorar a interacción dixital entre os cidadáns e a Administración do Goberno de Aragón. Se trata de proporcionar servizos eficientes e áxiles completamente dixitais, crear unha relación próxima ao cidadán adaptada ao uso de novas tecnoloxías e modernizar o funcionamento interno da administración.
Para iso enfócase nun deseño centrado no usuario adoptando criterios como unha linguaxe máis próxima; permitir a interacción con calquera tipo de dispositivo, destacadamente cos aparellos móbiles, dunha maneira máis sinxela e rápida; optimízanse os esforzos, podendo reutilizar a documentación xa presentada; e utilizarase a tramitación prescriptiva, para anticiparse ás necesidades do usuario.
Os eixos de actuación son os servizos que a administración presta aos usuarios (cidadáns, empresas ou empregados públicos), accións de xestión interna, necesidades de infraestruturas, e provisión de ferramentas que permitan a toma de decisións con base en datos e a xestión dos mesmos. De este modo inclúese a creación da ferramenta de presentación de trámites en liña, unificación do cartafol do Ciudadano, implantación dunha ferramenta de asistencia ao xestor, incorporación de funcionalidades cognitivas e de soporte de Big Data e para aplicacións móbiles.
Para levar a cabo esta “modernización” da relación administrativa entre Goberno e Usuario, vaise a realizar un investimento de case 13 millóns de euros, dividida en tres plurianuais. Este ano fixáronse 4´4 millóns de euros. O plan finánciase con fondos propios e do Programa Operativo FEDER 2014-2020. O Plan de Administración Electrónica do Goberno de Aragón contou cunha primeira fase entre 2009 e 2011, unha segunda de 2015 a 2017, e agora unha terceira centrada nun servizo máis próximo para o cidadán.
Plan de Administración Electrónica de Aragón 2018-2020 (PDF)