O anuncio público dos gañadores tivo lugar durante a cerimonia de entrega de premios na Conferencia de Sharing & Reuse o 29 de marzo en Lisboa, Portugal. O primeiro e o segundo premio (de 15.000 e 10.000 euros respectivamente) foron outorgados aos equipos gañadores en cada categoría. As solucións cualificadas en terceiro e cuarto lugar, recibiron un certificado de excelencia. A todas as administracións públicas cuxas solucións foron seleccionadas déuselles a oportunidade de presentalas na conferencia. As presentacións estarán dispoñibles en breve na web da Comunidade de Sharing and Reuse de Joinup.
O obxectivo dos premios do concurso de Sharing & Reuse da Comisión Europea é sensibilizar acerca dos beneficios de compartir e reutilizar soluciones TIC no sector público.
Un total de 100.000€ entregáronse a administracións públicas que alcanzaron beneficios por medio da compartición de solucións TIC e que tiveron un potencial para unha reutilización máis ampla en Europa. Entre eles, houbo catro españolas:
- A Generalitat Valenciana con gvSIG Desktop, Sistema de Información Xeográfica libre, que gañou o primeiro premio na categoría Cros Border.
- O Institut Municipal d’Informàtica do Concello de Barcelona que se ocupou o terceiro posto na mesma categoría con Sentilo, plataforma de sensores e actuadores deseñada para unha contorna SmartCity.
- REGWEB, a plataforma de xestión de rexistros presenciais de entrada e saída dun organismo, fixo que o Goberno das Illas Baleares alcanzase o terceiro lugar na Categoría Rexional.
- A Deputación de Albacete foi o outro organismo español que levou un terceiro premio (neste caso na Categoría Local) con SEDIPUALBA, un conxunto de servizos comúns para unha xestión administrativa dixital completa.
O resto dos premiados e máis información, está dispoñible na web dos premios Sharing and Reuse .