accesskey_mod_content

Preséntase a Axenda Dixital de Galicia 2020

  • Escoitar
  • Imprimir PDF
  • Compartir

"Noticia dispoñible unicamente con fins históricos e de hemeroteca. A información e ligazóns mostradas correspóndense cos que estaban operativos á data da súa publicación. Non se garante que continúen activos actualmente".

04 decembro 2017

A aprobación da Axenda Dixital de Galicia 2020 é unha estratexia coordinada e aliñada coas estratexias de ámbito nacional e europeo en materia de uso do TIC que reforza e reafirma a Estratexia Galega de Crecemento Dixital.

Esta nova Axenda Dixital introduce elementos que permiten maximizar o impacto das políticas tecnolóxicas; sendo este un factor imprescindible e clave para conseguir os obxectivos de crecemento económico-social que se marca Galicia para o futuro.

Será misión da Axenda Dixital de Galicia 2020(Abre en nova xanela) asegurarse de que a transformación se desenvolva de maneira intelixente, sustentable e integrador e por tanto, contribúa á resolución dos desafíos aos que se enfronta Galicia en todas as áreas de desenvolvemento da Comunidade (sociais, económicos e ambiental).

Para iso, distínguense cinco liñas estratéxicas que se reforzan mutuamente:

  • Valorización da Administración, avanzando cara a unha Administración dixital innovadora.
  • Énfasis na vida dixital, para converter a Galicia nun lugar de progreso social avanzado participativo.
  • Aceleración da economía dixital, promovendo o liderado de empresas que garantan a creación e absorción de talento e innovación.
  • Estímulo ao crecemento do sector TIC, impulsando a innovación tecnolóxica, competitividade e xeración de emprego no denominado ecosistema dixital.
  • Articulación dixital do territorio, favorecendo a conectividade e o coñecemento de información que permita un actuar intelixente.

Deste xeito, estes obxectivos presentan á súa vez 20 desafíos a abordar no horizonte 2020 para situar a Galicia nos niveis das rexións europeas máis avanzadas no campo dixital:

  1. Da Administración Electrónica á Administración Dixital, aumentando a eficacia e eficiencia da Administración.
  2. Do Goberno Electrónico ao Goberno Aberto, realizando un uso innovador do TIC para facer partícipe á sociedade.
  3. Da Xeración de Datos á Xeración de Coñecemento, transformando os datos da Administración nun activo xerador de valor.
  4. Da Transformación Interna ao Crecemento Interoperable, que permita a prestación de servizos á cidadanía dunha maneira única en calquera punto do territorio.
  5. De Servicios Electrónicos a Servicios Móviles Digitales, aumentando a inmediatez e a capacidade de resposta do goberno galego a través da promoción de servizos dixitais móbiles.
  6. De la Modernización de la Administración Judicial a la e-Justicia mejorando la cooperación entre los propios órganos judiciales.
  7. Da aula Dixital á Educación Dixital, para a transformación do sistema educativo galego.
  8. Da Asistencia Social ao Benestar a través do TIC, aumentando a eficiencia e a eficacia dos sistemas de asistencia social.
  9. Da e-Saúde á Sanidade Dixital Integral, respondendo as necesidades do envellecemento activo e saudable e á mobilidade dos pacientes e profesionais socio-sanitarios.
  10. Da Alfabetización á Autonomía Dixital, impulsando unha sociedade galega integrada na Sociedade da Información.
  11. Do Turismo Tradicional ao Turismo Intelixente, facilitando a interacción do visitante coa contorna.
  12. De la Preservación a la Accesibilidad Digital del Patrimonio Cultural, para conservar, difundir y valorizar el legado histórico patrimonial y cultural.
  13. De la Modernización a la Transformación Digital del Sector Primario, para aumentar la productividad y competitividad del sector.
  14. Da Xestión do Transporte á Mobilidade Personalizada, para adaptarse á demanda da sociedade galega.
  15. De las TIC en la empresa a la Empresa 4.0, poniendo a su alcance tecnologías accesibles y vinculadas al distintos negocios.
  16. Do Sector TIC ao Ecosistema Dixital, impulsando a xeración de emprego TIC cualificado e o desenvolvemento dixital do resto dos sectores estratéxicos de Galicia.
  17. Da Competencia TIC ao Talento TIC, aumentando a capacidade produtiva das empresas a través de profesionais TIC.
  18. Da Prevención á Xestión Intelixente de Riscos, incrementando a capacidade de resposta dos servizos de prevención mediante emprégoo de novas solucións dixitais.
  19. De la Conectividad a la Usabilidad, promoviendo el despliegue de redes de telecomunicación.
  20. Da Seguridade á Confianza Dixital, reforzando as capacidades da Administración, do sector empresarial e da propia cidadanía para o uso seguro das redes e dos sistemas de información.

Fai falta destacar que a confección da Axenda Dixital de Galicia 2020 atendeu a un modelo participativo, involucrando aos diferentes axentes que integran o ecosistema dixital (principais empresas do sector de Galicia, emprendedores, investidores do sector TIC, asociacións empresariais TIC, centros tecnolóxicos TIC, colexios profesionais, universidades e entidades locais) na identificación e resolución dos desafíos dixitais aos que se enfrontará Galicia.

Fonte orixinal da noticia(Abre en nova xanela)

Axenda Dixital de Galicia 2020(Abre en nova xanela)

  • Cooperación interadministrativa
  • Infraestruturas e servizos comúns
  • Servizos electrónicos