Con esta lei sentan as bases para que os cidadáns gocen das vantaxes e servizos da alta velocidade de acceso a internet, tanto desde o seu fogar como en mobilidade. A nova Lei configúrase como a clave que sustenta o réxime xurídico das telecomunicacións e é un instrumento de primeira orde para levar a cabo reformas estruturais nun dos sectores chamados a ser panca da recuperación de España.
A Lei Xeral de Telecomunicacións persegue como obxectivos principais a cohesión social e territorial no ámbito das telecomunicacións, a eficiencia nos despregamentos mediante a adopción de medidas que axuden aos operadores a despregar as súas redes con maior facilidade e así poder realizar os investimentos que a innovación tecnolóxica demanda e que é unha característica deste sector.
Ademais, reforza a unidade de mercado mediante o deseño de novos mecanismos de colaboración entre o Estado e as restantes Administracións Públicas, que faciliten a adopción de acordos e o exercicio lexítimo das competencias das distintas Administracións.
Con la consecución de estos objetivos se pretenden alcanzar los fines últimos que persigue la nueva Ley General: disponer de redes y servicios más innovadores, más adaptados a las necesidades de los ciudadanos, de mayor calidad y a unos precios cada vez más asequibles, que contribuyan al crecimiento y a la recuperación económica, así como, a la creación de empleo.