A Deputación de Málaga puxo en marcha o proxecto europeo OpenWind –aprobado no pleno do martes pasado-, que permitirá unificar e ampliar os trámites ‘en liña’ de 87 municipios e da propia Deputación.
Este proxecto contempla a creación dunha Ventanilla Única Provincial, portal de administración electrónica que concentrará 87 sedes electrónicas doutros tantos concellos da provincia máis a da propia Deputación. Desta maneira, a institución provincial segue avanzando no goberno aberto e a transparencia, facilitando a realización de trámites e xestións, así como a participación da cidadanía.
0 Comentarios
Non hai comentarios