INTECO traballou nos últimos meses para conseguir interactuar co DNIe en terminais Android, facilitando así o acceso desde esta plataforma aos servizos que fan uso do DNIe, como xa se podía facer desde un computador.
Esta aplicación gratuíta de INTECO permite o acceso a diferentes xestións que se poden realizar co DNIe, como a consulta da información pública almacenada no propio DNIe, a consulta do saldo de puntos do carné de conducir ou a obtención do informe de vida laboral.
Para poder utilizar a ferramenta son necesarios os seguintes requisitos:
•Dispor dun lector USB de DNI electrónico.
•Un adaptador do conector do terminal a USB (se fose necesario, habitualmente de microUSB a USB).
•Dispor da versión 3.1 de Android ou superior.