O futuro Portal de Transparencia Municipal, aprobado por unanimidade no pleno do pasado venres, propón a creación dunha Comisión Especial de Transparencia Municipal composta por representantes de todos os grupos políticos. O obxectivo deste novo Portal de Transparencia Municipal é ofrecer información sobre a Corporación Municipal en asuntos relativos aos cargos electos e o persoal do Concello, sobre a organización e patrimonio de Concello, sobre normas e institucións municipais.
Tamén servirá para informar o cidadán que solicite o rexistro en páxina web do Concello, sobre diversos aspectos como o Regulamento de Participación Cidadá, consellos municipais de barrio, cortes de tráfico, situación ambiental da cidade etc. Neste Portal de Transparencia Municipal terá cabida tamén a información contable e orzamentaria, transparencia no referente aos ingresos e gastos municipais, nas débedas municipais así como os procedementos de contratación e as relacións e operacións con provedores e contratistas.