A maioría da poboación (84%) accede á rede para temas relacionados coa sanidade. A 7 de cada 10 españois (74%) gustaríalle poder dispor dun acceso seguro en Internet onde poidan acceder ao seu historial médico ou aos resultados das súas probas médicas.
Ao 60% de enquisados gustaríalle poder comunicarse directamente co seu doutor vía e-mail e ao 58% gustaríalle facelo a través dun chat en liña. A máis da metade dos españois (57%) gustaríalle poder contar cun servizo de consulta en liña, que lle permita enviar unha imaxe por Internet a un profesional médico para obter un diagnóstico do seu estado de saúde.
0 Comentarios
Non hai comentarios