A Seguridade Social modernízase e lanza unha app coa que tenta facilitar e dinamizar uns trámites que a miúdo son arduos. E faino sen sacrificar a seguridade e privacidade dos datos dos cidadáns.
"Esta aplicación permite aos usuarios de smartphones e tablets reservar unha cita previa cos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS). A cita previa serve como porta de acceso para solicitar as principais prestacións (xubilación, viuvez, orfandade, maternidade/paternidade, incapacidade temporal, etc.)", destacan desde o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
0 Comentarios
Non hai comentarios