“O noso Decreto é a mostra de que coa colaboración e cooperación entre administracións públicas e destas co sector privado pódese aforrar sen recortar, tendo na innovación e a excelencia a súa principal forma de traballar”, subliña a conselleira Idoia Mendia
O Ministerio de Facenda e Administración Pública presentou unha iniciativa do Departamento de Interior, Xustiza e Administración Pública do Goberno Vasco aos Premios de Nacións Unidas ao Servizo Público, o recoñecemento internacional mais prestixioso á excelencia no sector público. Concretamente, postula o proxecto ‘Apertura e Reutilización de Aplicacións para un Goberno Aberto á Sociedade / Sw-Libre’ na categoría Promoción de Enfoques de Goberno Integral na Era da Información.
0 Comentarios
Non hai comentarios