Guías adaptadas a la norma UNE-EN 301 549 (equivalente a WCAG 2.1)
- Guía de validación de accesibilidade web. Guía de axuda sobre como realizar as validacións de accesibilidade durante os diferentes ciclos de vida dun portal ou sitio web. Dirixida a desenvolvedores, editores de contido e avaliadores responsables de velar polo cumprimento dos requisitos de accesibilidade nun sitio web.
- Guía de adaptación a WCAG 2.1 desde WCAG 2.0. Guía de axuda para os responsables de sitios web que xa son conformes con respecto ao WCAG 2.0 e queren evolucionar o seu sitio web ao novas WCAG 2.1.
- Guía de accesibilidade en Sedes Electrónicas. Guía de axuda para xestionar a accesibilidade dos trámites electrónicos nas Sedes Electrónicas das Administracións Públicas.
- Guía de accesibilidade para a xestión da accesibilidade en xestores de contidos. Guía de axuda para técnicos administradores de sitios web que ofrece unha visión xeral da xestión da accesibilidade propia dos xestores de contidos para conseguir sitios web accesibles.
- Guía de cuestións básicas de accesibilidade para os editores finais de contidos. Guía de axuda para os editores finais de contido na que se recollen as cuestións de accesibilidade que se deben ter en conta para a edición de sitios web accesibles.
- Guía para a inserción de subtítulos en Youtube. Guía de axuda para a inserción, edición e exportación de subtítulos en arquivos multimedia de vídeo, utilizando para iso a plataforma de Youtube.
- Guía de accesibilidade en contidos multimedia. Guía de axuda aos deseñadores e desenvolvedores web, na cal se recollen as cuestións que se deben ter en conta para garantir a accesibilidade neste tipo de contidos nos sitios web. Aínda que estas guias xeráronse para o WCAG 2.0, o cambio de estandar non lles afecta e continuan sendo de utilidade.
0 Comentarios
Non hai comentarios