O CERT do Centro Criptolóxico Nacional (CCN-CERT) publicou guíaa Guía CCN-STIC 1105 Procedemento de emprego seguro EMMA , un documento no que se detalla a configuración e o tipo de conexións seguras que se aplican nos nodos desta solución do Centro Criptolóxico Nacional.
EMMA é unha plataforma de control de acceso á rede para contornas LAN e WAN que permite ás organizacións autenticar, autorizar e auditar todos os accesos baseándose nun conxunto de regras ou políticas. Desta forma, ofrécelles visibilidade e control dos activos (dispositivos + identidades) conectados á súa rede (cableada, wifi e VPN).
Como cada caso de uso require configurar un conxunto de nodos para que se comuniquen entre si, esta guía pretende orientar ao usuario para que saiba realizar a xestión de licenzas e certificados, a xestión local e remota dos nodos, a configuración de interfaces, portos e servizos, así como os protocolos de comunicación e xestión.