Esta consulta consulta ten como obxectivo recompilar as opinións das partes interesadas sobre as iniciativas da UE ao redor da interoperabilidade do sector público. A información recompilada incorporarase á avaliación do Marco Europeo de Interoperabilidade (EIF), a avaliación final do Programa ISA² e unha avaliación de impacto sobre a futura política de interoperabilidade. Está aberta ata o 27 de abril.
A Comisión Europea propuxo presentar para 2021 «unha estratexia de interoperabilidade reforzada dos gobernos da UE para garantir a coordinación e normas comúns para fluxos e servizos de datos do sector público seguros e sen fronteiras». Esta iniciativa irá acompañada dun estudo que avaliará os problemas experimentados polas partes interesadas da UE e os impactos de varias opcións políticas para abordalos.