O Real Decreto 1112/2018 sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións móbiles do sector público establece o marco para que as entidades obrigadas realicen revisións de accesibilidade, as cales deben abarcar todos os requisitos esixidos e ter en consideración tanto aspectos de revisión automática como aspectos de revisión manual experta. Estas revisións deben respectar as condicións mínimas esixidas para as revisións en profundidade establecidas pola Comisión Europea na Decisión de Execución (UE) 2018/1524.
O resultado destas revisións debe quedar recolleito nun Informe de revisión da accesibilidade, que a Unidade Responsable de Accesibilidade presentará ao órgano responsable de seguimento e presentación de informes ante a Comisión Europea, isto é ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital (competencias transferidas desde o Ministerio de Política Territorial e Función Pública), nalgún dos formatos publicados polo Observatorio de Accesibilidade Web (ods, xlsx ou json).
Neste contexto, o Observatorio de Accesibilidade Web pon en produción a Ferramenta IRA, que é unha evolución e tradución ao castelán do WCAG-EM Tool do W3C . Esta ferramenta é un asistente para realizar a revisión de accesibilidade dun sitio web, guiando paso a paso na revisión de accesibilidade e na xeración do Informe de revisión de accesibilidade nos formatos establecidos polo Observatorio (ods, xlsx ou json), a partir da información que o usuario proporcione, aínda que esta ferramenta NON realiza ningunha comprobación automática de accesibilidade.
Á hora de realizar unha revisión de accesibilidade dun sitio web e xerar o Informe de revisión de accesibilidade con esta ferramenta, pódese partir opcionalmente do Informe de revisión de accesibilidade en formato JSON emitido polo Servizo de diagnóstico en liña do Observatorio ; desta maneira, en cada criterio de conformidade e en cada páxina, a ferramenta mostrará o resultado das verificacións comprobadas automaticamente polo Servizo de diagnóstico en liña, aínda que o usuario debe completar manualmente a revisión de cada un dos criterios .