O informe “Sociedade Dixital en España 2019” , editado pola Fundación Telefónica, debuxa unha panorámica que reflicte o estado de despregamento das infraestruturas de telecomunicacións, o nivel de implementación das tecnoloxías máis vangardistas, a estado da arte da vida dixital dos españois, e o grao de desenvolvemento neste campo que presentan as Comunidades Autónomas.
España atópase inmersa na cuarta revolución baseada na dixitalización e nos datos. Unha transición dixital que, aínda que presenta retos e incertezas, tamén ten efectos moi positivos e ofrece, á súa vez, grandes oportunidades. Sen ir máis lonxe, a presente crise da Covid-19 obrigou a repensar moitos aspectos da nosa vida, tanto persoais como laborais. E grazas á elevada dixitalización de España, fíxose que esta adaptación fose rápida e dando continuidade ás actividades esenciais do noso país sen sufrir un parón, unha baixada de calidade en comunicacións ou servizos públicos ou un período de adaptación considerable.
Nota de Prensa (PDF)