En aplicación do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial comunicou aos prestadores de servizos de confianza que operan en España que poderá non esixirse o cumprimento dos prazos establecidos no art. 13.4 da Lei 59/2003, do 19 de decembro, de firma electrónica, durante o tempo de vixencia do estado de alarma.
Adicionalmente, o PSC poderán permitir a renovación de certificados utilizando outros que caducasen a partir do 14 de marzo.
Neste sentido, o PSC de CERES-FNMT publicou na súa sede electrónica varios comunicados nos que anuncian que se procedeu a:
- Habilitar a renovación non presencial de certificados de Persoa Física caducados a partir da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo.
- Eliminar a restrición que requiría a comparecencia física cada 5 anos para poder renovar un certificado, polo que todos aqueles certificados aos que queden menos de 60 días para caducar, de Persoa Física e de Representante de Administrador Único ou Solidario, poderán ser renovados en liña unha segunda vez.