O Índice de Economía e Sociedade Dixital (DESI) é un índice composto que resume cinco indicadores do rendemento dixital de Europa e que permite un seguimento da evolución dos Estados membros da Unión Europea na competitividade dixital. Este cinco indicadores son conectividade, capital humano, uso de internet, integración da tecnoloxía dixital e servizos públicos dixitais.
Segundo o DESI 2018, España ocupa o posto número 10 dos 28 Estados membros da UE. Indícase tamén que a súa puntuación aumentou debido a un mellor rendemento no cinco indicadores que mide DESI.