O próximo 2 de Outubro entrarán en vigor as novas leis 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das AAPP e 40/2015 de Réxime Xurídico do Sector Público. Desde o punto de vista da administración electrónica, estas novas leis establecen que a tramitación electrónica dos procedementos debe constituír a actuación habitual de todas as Administracións, tanto na súa relación cos cidadáns como na xestión interna e nos intercambios de información entre distintos organismos.
Os días 20 e 21 de xuño de 2016 celebrouse un Congreso sobre as novidades que incorporan as novas leis administrativas.O Congreso, organizado pola Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (DTIC) en colaboración co Instituto Nacional de Administración Pública suscitou un gran interese entre o público dando cabida ás máis de 250 persoas que durante dúas xornadas puideron participar, debater e acompañar as intervencións dos 30 relatores que en 6 mesas de temáticas diferentes ofreceron unha panorámica completa dos cambios lexislativos e as súas implicacións, así como das obrigas e medidas que deben impulsar as Administracións públicas para favorecer unha transformación histórica cara á dixitalización.
As novas leis supoñen unha gran revolución administrativa, froito dunha sociedade cambiante e dunha nova contorna presidida pola eficacia, a eficiencia e a innovación tecnolóxica, que requiren dunha correlativa adaptación da Administración.
Para máis información pode consultar a nota técnica: " Leis 39 e 40, novidades no procedemento administrativo "
Máis información sobre a implantación das leis 39 e 40 .