A ordenanza reguladora do procedemento administrativo común electrónico na administración local é un modelo tipo que aplicada a unha administración local concreta ten como obxecto o desenvolvemento do procedemento administrativo común para a xestión administrativa da mesma e cuxa tramitación se realizará, en todo caso, por medios electrónicos, en aplicación das Leis Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público
A Ordenanza regula as condicións e os efectos xurídicos da utilización das tecnoloxías da información na actividade administrativa, nas relacións entre a administración local onde se aplique e o resto de entidades integrantes do sector público, así como nas relacións coa cidadanía co fin de garantir os seus dereitos e, en especial, a regulación das condicións e os efectos xurídicos do uso dos medios electrónicos na tramitación dos procedementos administrativos. Así mesmo establece os principios reguladores da incorporación dos trámites e dos procedementos administrativos municipais á tramitación por vía electrónica.
A Ordenanza organízase en nove Títulos, ademais das disposicións adicionais, transitorias e finais:
- TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
- TÍTULO II. O PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO ELECTRÓNICO
- TÍTULO III. A SEDE ELECTRÓNICA
- TÍTULO IV. IDENTIFICACIÓN E FIRMA ELECTRÓNICA
- TÍTULO V. A DIFUSIÓN E ACCESO DA INFORMACIÓN ADMINISTRATIVA A través de MEDIOS ELECTRÓNICOS
- TÍTULO VIN. O REXISTRO ELECTRÓNICO
- TÍTULO VII. NORMAS ESPECÍFICAS DE LICITACIÓN ELECTRÓNICA
- TÍTULO VIII. NORMAS SOBRE ORGANIZACIÓN
- TÍTULO IX. COMUNICACIÓNS ELECTRÓNICAS INTERNAS