Para alcanzar estes obxectivos defínense dúas grandes liñas estratéxicas que agrupan o cinco plans que conforman este plan marco:
- A primeira, centrada nos procesos da organización (Estratexia Facilita), trata de pór á Generalitat ao servizo do cidadán e atender as súas demandas nunha contorna de austeridade a través de tres plans:
- Plan SIRCA-2, Segundo Plan de Simplificación e Redución de Cargas Administrativas da Generalitat 2013-2015,
- Agenda Digital Valenciana, que trata de impulsar a innovación tecnolóxica, potenciar a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación e o desenvolvemento da Administración electrónica.
- Plan de Calidade e Inspección de Servizos, cuxo fin é promover unha xestión de calidade e implantar unha cultura da avaliación e control
do rendemento.
- A segunda, centrada nas persoas que traballan ao seu servizo, estratexia que se concreta en dous plans máis:
- Plan de Formación do Instituto Valenciano de Administración Pública (IVAP), Estratexia 2014-2016, dirixida a lograr a máxima profesionalidade do persoal empregado público, a través da mellora da súa formación.
- Plan RCT, Plan de Redistribución de Cargas de Traballo, que trata de racionalizar e optimizar os recursos humanos mediante accións que adapten a distribución das cargas de traballo ás necesidades reais da organización.
Máis información sobre Planes Estratégicos en Generalitat Valenciana
Plan Estratéxico de Innovación e Mellora da Administración da Generalitat Valenciana 2014-2016 (pdf)