O Consello de Goberno Vasco aprobou o pasado 17 de Xuño o “Plan de Innovación Pública 2014-2016”, un plan estratéxico para avanzar na modernización da Administración Pública vasca. O Conselleiro de Administración Pública e Xustiza, Josu Erkoreka, rexistrou xa solicitude de comparecencia a pedimento propio para presentalo ante a Comisión Parlamentaria correspondente.
O “Plan de Innovación Púbica 2014-2016” é unha aposta do Goberno para edificar unha Administración Pública vasca innovadora e aberta, que ofreza á sociedade servizos de calidade, eficientes, eficaces e seguros. Este plan, propicia a participación activa da cidadanía contando coas persoas como protagonistas do cambio. Todo iso baseado nos novos valores de Gobernaza: apertura, orientación a resultados, transparencia e innovación.
Desta forma, o “Plan de Innovación Púbica 2014-2016” establece 4 obxectivos estratéxicos:
- Administración aberta: promovendo a transparencia, a participación e a colaboración na Administración Pública.
- Administración eficaz: desenvolvendo unha oferta de servizos de calidade e accesible por diferentes canles (presencial, teléfono e Internet).
- Administración eficiente: mellorando a eficiencia na xestión administrativa, adecuando a organización, implantando novos modelos de xestión e realizando un uso intelixente da tecnoloxía.
- Administración innovadora: implementando a innovación na Administración involucrando á cidadanía e aos profesionais públicos no deseño, a xestión e a avaliación das políticas e dos servizos públicos.
Para a consecución destes obxectivos, o Plan de Innovación Pública estrutúrase ao redor de seis eixos de actuación, 28 proxectos concretos e 46 accións que se irán desenvolvendo cun horizonte de traballo e avaliación de face ao ano 2016.
O seis eixos son:
- Transparencia e Bo Goberno.
- Interacción coa cidadanía.
- Adecuación organizativa.
- Mellora da xestión.
- Administración electrónica.
- Innovación desde a co-creación.
Entre os proxectos e as accións concretas, destacan as que teñen como fin o desenvolvemento de aplicacións móbiles como ferramentas próximas, rápidas e eficaces para atender á cidadanía. Así, este ano 2014 o Goberno porá en marcha a canle telefónica de Whatssap para atender, responder e informar ás e os cidadáns. Igualmente, o Goberno creará unha aplicación de móbil para acceder aos servizos públicos dispoñibles en liña a través do teléfono.
Ademais, o “Plan de Innovación Púbica 2014-2016” establece que para 2016 toda a documentación que entre na Administración Pública vasca sexa dixital de maneira que, aínda que as persoas ás que se atenda de maneira presencial entreguen documentos en papel, a Administración encargarase de escanearlos para tramitación e devolverllos ao usuario.