O comité quedou presidido polo alcalde e composto pola xefa da área de Organización e Modernización-TIC, o Xefe de Policía, o Xefe da área de Recursos Humanos, o Interventor Municipal, a Tesoureira Municipal, o Oficial Maior, a Secretaria General e o Xefe da área de Contratación, entre outros.
Entre as funcións do comité destaca a de establecer procedementos para o control dos datos mediante a coordinación de distintas áreas e a aprobación dunha normativa de seguridade da información. Con iso promóvese a mellora continua da seguridade informática dun municipio que xestiona os datos de preto de 70.000 persoas.
0 Comentarios
Non hai comentarios