O pasado 6 de xuño de 2012 tivo lugar o Lanzamento Mundial de IPv6, unha iniciativa organizada pola Sociedade de Internet mediante a cal os principais provedores de servizos de Internet, fabricantes de equipos de redes de telecomunicacións e operadores de sitios web comprometíanse a facer dispoñibles en IPv6, de maneira permanente, os seus produtos e servizos a partir desa data.
A Administración Xeral do Estado sumouse a esta iniciativa mediante a participación, na categoría de operadores de sitios web, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, no seu papel de impulsores da incorporación do protocolo IPv6 en España. Ambos os Ministerios dispoñen, desde o ano 2011, de portais web accesibles mediante este protocolo.
A lista completa de entidades que participaron na iniciativa pódese consultar no apartado "Participantes" da páxina web do evento: http://www.worldipv6launch.org/