O Congreso Nacional de Interoperabilidade e Seguidad, CNIS, foro de encontro para avanzar sobre a aplicación dos Esquemas nacionais de Interoperabilidade e Seguridade nas nosas Administracións Públicas celebrado en Madrid os días 22 e 23 de febreiro, galardoou como Proxecto de Interoperabilidade máis consolidado á Rede SARA , na categoría Administración Xeral do Estado.
"REDE SARA"Ministerio de Política Territorial e Administración Pública
A Rede Sara é un conxunto de infraestruturas de comunicacións e servizos básicos que conecta todas as redes das Administracións Públicas e as institucións europeas, facilitando o intercambio de información e o acceso aos servizos. É unha rede segura, fiable de alta capacidade e dispoñibilidade.
A Rede Sara é fundamental para avanzar no desenvolvemento da Administración Electrónica, cuxa implantación se establece como unha obriga no articulo 43 da lei 11/2007.
Entrega o premio Felipe Amores do FNMT.
Recollen o premio Fernando de Pablo, Montaña Merchan e Jorge Fabeiro do Ministerio de política Territorial e Administración Pública.