A Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía (EECyT) é un documento previsto no proxecto de Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación que pretende plasmar unha visión compartida sobre os retos comúns que afronta España como país en materia de ciencia e innovación, e sobre os principios xerais para superalos
A Estratexia fixará obxectivos e indicadores de longo prazo e vertebrará as capacidades das diferentes administracións, diminuíndo a duplicidade de esforzos, á vez que ofrecerá aos axentes do sistema científico español estabilidade e coherencia nos programas que as administracións desenvolven en materia de I+D+i.
Fonte: Ministerio de Ciencia e Innovación