O obxectivo do novo programa de Europa Dixital, cuxa financiamento se aprobou nunha resolución do Parlamento Europeo o pasado 17 de abril, é apoiar a transformación dixital das sociedades europeas e das súas economías. Con el preténdese que os europeos conten coas competencias e as infraestruturas suficientes para responder os retos dixitais que se presentan na súa vida privada e laboral. Por iso, este programa afronta materias como a supercomputación, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, as competencias dixitais e a extensión das tecnoloxías dixitais na economía e a sociedade.
A pesar de ser só unha parte dunha estratexia máis ampla para desenvolver o potencial tecnolóxico do mercado único dixital, no seu texto consolidado xa se aprecia que os esforzos realizados e o financiamento achegado van dirixidos en cinco direccións que afrontan outros tantos ámbitos: a supercomputación, a intelixencia artificial, a ciberseguridade, as competencias dixitais avanzadas e a extensión do uso das tecnoloxías dixitais en toda a economía e a sociedade.