O Padrón en liña é un proxecto que contempla un novo modelo de datos para o almacenamento e xestión da información e novos sistemas de intercambio de información padroal entre concellos e INE, coa incorporación da información catastral. Consulta o proxecto técnico
Neste novo sistema, as altas e baixas produciríanse de forma simultánea nos concellos de orixe e destino dos movementos.
A proposta que se expón consiste en dous elementos:
- Un nuevo sistema de gestión de la información sobre el territorio de cada municipio, separando completamente esta de a información das persoas. Trátase de que cada concello manteña a súa base de datos de vivendas perfectamente identificadas, incluíndo a existencia dun identificado único de vivenda a nivel nacional que se derivaría da referencia catastral e de ferramentas de actualización da información de enderezos postales e demais campos que describen a localización das vivendas. Esta base de datos de territorio disporá dun novo Código de Identificación da Vivenda (CIV), baseado, sempre que sexa posible, na referencia catastral, á base de datos de poboación, de forma que os cambios no territorio (tales como modificacións no seccionado, numeración de vías, etc.) non afectarían as persoas. O Código de Identificación de Vivenda (CIV) é un código que delimita de forma única a cada vivenda e está baseado, sempre que sexa posible, na referencia catastral (RC).
- Un novo sistema de intercambio entre os padróns de cada municipio, pasando dun método baseado en ficheiros mensuais –como se ten hoxe– a un método baseado en comunicacións inmediatas, mediante servizos web, entre os padróns municipais e o INE.
Ademais, contémplase a creación por parte do INE de ferramentas de xestión, que poderían usarse de forma voluntaria polos concellos interesados. Estas ferramentas de uso común serían desenvolvidas polo INE e postas a disposición dos concellos. Permitirían tanto a xestión interna do padrón como a relación do concello cos cidadáns (podería ser a consulta ou emisión de certificados de empadroamento ou os procedementos de alta ou modificación de datos persoais en padrón).