Os próximos días 18 e 19 de maio de 2022 celébrase en Valencia o Congreso Internacional de Datos Abertos e Transparencia promovido pola Conselleria de Participació, Transparència, Cooperació i Qualitat Democràtica da Generalitat Valenciana a través do Observatori Valencià de Dades Obertes i Transparència xunto á Universidade de Alacante , Open Knowledge Foundation e Datause .
A Open Knowledge Foundation é unha organización que iniciou a súa traxectoria no 2004 e desde a súa creación estivo impulsando os principios do coñecemento en aberto e o acceso con transparencia aos datos públicos. Asesorou a universidades, gobernos e organizacións da sociedade civil a publicar, usar, reutilizar e entender os datos. A propia asociación instaurou a definición do concepto “datos abertos” a escala mundial en 2005 onde establecía o que sería o estándar deste tipo de datos e que serviu de referente global.
A sede presencial do Congreso será o Auditorio do Cubo Azul da Cidade Politécnica da Innovación na UPV, na terceira planta do edificio 8B.
Algúns dos temas que se abordarán nesta edición do congreso son o pasado, presente e futuro dos datos abertos e cal é o contexto dos datos, tanto no medio ambiente como na crise alimentaria, entre outros campos.
Podes acceder ao programa completo aquí