Baixo a lema deste ano, ‘Unha Internet mellor comeza contigo: máis conectados, máis seguros’, o obxectivo desta xornada, promovida pola rede INSAFE/INHOPE co apoio da Comisión Europea, é fomentar un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, sobre todo entre os menores.
O evento está dirixido a alumnos de todos os niveis educativos, con actividades adaptadas por grupos de idade, así como ás súas familias, educadores e profesionais do ámbito do menor, e contará con diferentes espazos, talleres sobre a seguridade e a privacidade en Internet ou os dispositivos, e charlas achega do desenvolvemento de competencias dixitais ou a mediación parental, entre outros temas.
Durante o evento ademais realizaranse diferentes actividades guiadas e daranse a coñecer os nomes dos centros educativos gañadores dos concursos á ‘Mejor Iniciativa Curso 2020/2021 en Ciberseguridade en Centros Escolares’ e ‘Reflexiona e Contrasta’.
O rexistro para asistir virtualmente ao evento permanecerá aberto ata o día 7 de febreiro: https://www.incibe.es/sid/registro .
Toda a información sobre o #DíaDeInternetSegura #SID2021 atópase dispoñible en https://www.incibe.es/sid