O próximo 24 de outubro de 2016, no Salón de Actos da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade (c/ Alcalá 37, Madrid), celebrarase a xornada «A accesibilidade TIC na contratación pública do sector público europeo: para unha plena inclusión das persoas con discapacidade», promovida polo o Foro da contratación Socialmente Responsable (Foro con R) e o INAP.
Colaboran os ministerios de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e Industria, Enerxía e Turismo, o Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC), as universidades Autónoma e Politécnica de Madrid e a Fundación ONCE.
A accesibilidade TIC na contratación pública pode mellorar a calidade de vida de miles de persoas con discapacidade en España e en Europa. Os obxectivos desta xornada son:
- Promover o uso de cláusulas sociais sobre accesibilidade TIC na contratación pública.
- Favorecer o acceso de persoas con discapacidade aos produtos e servizos licitados no sector público relacionados co TIC.
Está dirixida a responsables do sector público, privado e asociativo que teñan o obxectivo de remover os obstáculos nos produtos e servizos para que sexan accesibles ás persoas con discapacidade promovendo desta forma a xustiza social e a igualdade de oportunidades.
Ten, como novidade, a presentación de ferramentas para a implementación efectiva da accesibilidade TIC na compra pública estratéxica e socialmente responsable. Estará guiada con exposicións teóricas e prácticas polos mellores expertos na materia da universidade, sector público e privado e sector da discapacidade.